Inicio
Os Festicultores Troupe estarán no fin de xira europea de Manu Chao e Radio Bemba PDF Imprimir E-Mail

Festicultores e Manu ChaoOs Festicultores actuarán xunto con Manu Chao e RadioBemba e os franceses La Phaze na Praza de Touros de Bayonne (Francia), os días 30 e 31 de Xullo.

O Exercito Gherrilleiro das Festas Armadas, actuará por primeira vez mais aló dos Pirineos. Tralo éxito acadado polo espectáculo en Galiza e o pasado 20 de Xullo no KESSE'08 de Tarragona, os cultivadores de festas levarán o seu novo espectáculo a Francia no mellor marco posible.

O EGFA, o Exército Gherrilleiro das Festas Armadas anda na procura de reclutas que teñan moito aguante. Só os mellores aspirantes poderán pasa-las probas e ingresar na lexión festeira. Os Festicultores, os rumaníacos da festa rachada,  os parrandeiros máis lexendarios da romaría dos últimos anos en Galicia, son os combatentes desta milicia tan especial. Reclutando o peor da cada casa, os festeiros máis guerreiros do país van tomar as rúas, vanse facer fortes cos seus ritmos balcánicos e van dar a batalla bailonga. Sen tregua.  Troula ou morte, ata a mañá, sempre. Os Festicultores, van dar máis guerra que nunca, veñen coas armas de festa masiva. Prepárense, a guerra da pachanga xa comezou.



 

 

Axenda

Novembro 2008
LunMarMerXovVenSabDom
     12
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
Xan  Feb  Mar  Abr  Mai  Xun  
Xul  Ago  Set  Out  Nov  Dec  
25.11. 2008

Femme Fatale: Varadas
Casa da Cultura, Abegondo
07.03. 2009

Banda Potemkin
Café Concerto Vagalume, Salvaterra do Miño
01.05. 2009

Banda Potemkin
Marrucho, Baiona
13.06. 2009

Banda Potemkin
Café Cultural Auriense, Ourense
05.09. 2009

Banda Potemkin
Salón Parroquial, Ponteareas
07.11. 2009

Banda Potemkin
Café Cultural Roi Xordo, Allariz
Miñor Swing Band

Miñor Swing, son un cuarteto de corda que inspiran o seu estilo no jazz manouche, jazz francés dos anos 30.

Magnifique Band

MAGNIFIQUE BAND des hommes sans medo, é unha banda de rúa de música dixie que levantan as rúas co seu ritmo imponente. 

Sacha na Horta

Sacha na Horta é un grupo de mulleres que naceu unha noite de festa entre as hortas de Compostela.