(Mini-MP3-Player v2.2 (c) Ute Jacobi - unregistered version - Only Free for NonCommercial Website)
Guezos
Nacemos no 1999.
Publicamos dous traballos "Guezos"(2000) e "Terradentro" (2004) Sempre autoeditados e autoxestionados tocamos en festivais coma o de Ortigueira, Vilariño ou Noite do Trasno, a parte de percorrer toda Galicia en pubs e salas.
En 2006 "A das festas" foi elexida polo público da Radio Galega coma a a canción máis popular do verán, para logo participar en programas de TV coma Mundoverbena, Luar, Alalá ou En Pé de Festa.
Non nos importa o estilo, a sonoridade ou corrente musical, o noso obxectivo final é facer boas CANCIÓNS.
Para a primeira metade de 2009 celebraremos os nosos 10 anos con novo disco.
Influencias: Toda a música interesante que hai no mundo. Membros:
Miñor Swing, son un cuarteto de corda que inspiran o seu estilo no jazz manouche, jazz francés dos anos 30.
O EGFA, o Exército Gherrilleiro das Festas Armadas, é o novo espectáculo dos Festicultores Troupe e está, xa preparado para descargar o seu PODER BALCÁNICO e RITMO TRITURADOR.
O estilo musical de Pulpiño Viascón, abarca desde a rumba, ska, punk, folc ata as rancheras, indispensable para calquer festival.