En liña...

hai 5 invitados en lí­nea





¿Recuperar chave?
Inicio
OS FESTICULTORES TROUPE GAÑAN O PREMIO DO PÚBLICO NO HAIZETARA DE AMOREBIETA 2009.
os festicultores troupe

O pasarrúas espectacular galego acadou esta fin de semana  o premio que outorga o público, valorado en 4.000 euros, superando a outras oito bandas chegadas de diferentes países europeos, nunha final que destacou polo nivel e calidade dos artistas seleccionados.

 


 

Haizetara é un concurso internacional de grupos musicais de rúa, cuxa carta edición  tivo lugar nas rúas de Amorebieta-Etxano (Bizkaia) o fin de semana 19, 20 e 21 de Xuño do 2009.

 

Un evento que ano tras ano ven gañando en calidade e influencia, e que nesta edición contou cuns altísimos niveis de calidade con artistas chegados de Francia, Bélxica, Portugal, Alemaña, Holanda e España que fixeron as delicias dos milleiros de presentes en Amorebieta.

 

 

Xa dende o primeiro pase o ritmo triturador dos Festicultores Troupe se fixo co público presente: As doce da noite, as once da mañá ou as sete da tarde, os Festicultores , acostumados a  ”gherrear”  case baixo calquera circunstancia,  destilaron festa e bo humor, sorprendendo tanto polas súas músicas coma pola súa interacción co público pero sobor de todo pola orixinalidade do espectáculo: “E.G.F.A. o Exercito Gherrilleiro da Festas Armadas”.

 

Desta volta escapouse o premio principal que recaeu nas mans dunha mais que impresionante La Fanfare en Petard, a banda de Estrasburgo foi a que mais gustou o xurado desta edición, na que, estes o tiveron mais difícil ca nunca.

 

Deste xeito os Festicultores  pechan unha tempada invernal chea de éxitos e soños conqueridos: tras actuar nas rúas de Nou Barris (Barcelona) por segundo ano consecutivo e tamén por aclamación popular, na Foliada 08; de pechar a xira europea 2008 de Manu Chao e Radio Bemba en Bayona (Francia); de subirse o escenario con Gogol Bordello ou con Fanfare Ciocârlia, entre outros moitos, e de poñer a bailar a tódolos públicos en festas e festivais do norte peninsular;  é agora cando comeza unha nova tempada estival, chea de novos retos, e na que xa contan con gran cantidade de actuacións confirmadas, nas que esperán seguir  facendo disfrutar a todo o mundo que se achegue a festa do poder balcánico da troupe.

 

 

 

Axenda

Marzo 2010
LunMarMerXovVenSabDom
1234567
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        
Xan  Feb  Mar  Abr  Mai  Xun  
Xul  Ago  Set  Out  Nov  Dec  
Festicultores Troupe

O EGFA, o Exército Gherrilleiro das Festas Armadas anda na procura de reclutas, os Festicultores, son os combatentes desta milicia tan especial.

Miñor Swing Band

Miñor Swing, son un cuarteto de corda que inspiran o seu estilo no jazz manouche, jazz francés dos anos 30.

Pulpiño Viascón

O estilo musical de Pulpiño Viascón, abarca desde a rumba, ska, punk, folc ata as rancheras, indispensable para calquer festival.