(Mini-MP3-Player v2.2 (c) Ute Jacobi - unregistered version - Only Free for NonCommercial Website)
Funky Style Brass
Había tempo que non se vía algo semellante!!!!
Moi poucas veces se dan as circunstacia nas que un grupo totalmente descoñecido sexa ovacionado e se convirta, dun dia para outro, nun dos máis solicitados polo público e por programadores.”
Pois isto é o que sucedeu ca Funky Style Brass... Tras máis de 100 concertos en Francia desembarcaron no Reperkusión 09 de Allariz, e a pesares de que non o tiñan fácil (actuaban xusto despois da Fanfare Ciocarlia) en menos de dez minutos tiñan a carpa patas arriba.
Máis isto foi só unha pequena mostra dos 90 minutos apoteósicos que siguen a facer nos seus espectáculos, cheos de festa, de forza e de humor que se ampliaron con varios bises a petición do público que pedía máis e máis.
Agora voltan a península da man de Festicultores S.L. para saldar as contas pendentes e confirmarse coma unha das mellores alternativas para festivais e festas que busquen calidade, festa e moita moita diversión!!!.
A Funky Style Brass é un grupo nado as beiras do Garona, na cidade de Tulouse. Adictos de todos os xéneros musicais, da risa e sobre todo do freestyle, esta banda leda, de músicos tocados pola tolemia lles invita a compartir os seus delirios musicais, no esceario, na rúa, no autobús...
Este grupo de 9 músicos formouse en 2006, na esquina dunha rúa, unha tarde de festa musical. En este encontro rapidamente se creou unha mistura de música festiva, coreada e bailadora.
No correr dos anos e diante dun público cada vez máis entusiasta, seu estilo foise refinando cara unha diversidade musical e escénica que encanta ós pequenos e ós maiores, ós miopes e ós astigmáticos, ós antropófagos e ós herbívoros, de 7 a 77 anos.
O EGFA, o Exército Gherrilleiro das Festas Armadas, é o espectáculo dos Festicultores Troupe e está, xa preparado para descargar o seu PODER BALCÁNICO e RITMO TRITURADOR.
O EGFA, o Exército Gherrilleiro das Festas Armadas, é o espectáculo dos Festicultores Troupe e está, xa preparado para descargar o seu PODER BALCÁNICO e RITMO TRITURADOR.
O EGFA, o Exército Gherrilleiro das Festas Armadas, é o espectáculo dos Festicultores Troupe e está, xa preparado para descargar o seu PODER BALCÁNICO e RITMO TRITURADOR.