Inicio arrow Artistas arrow · Música de rúa arrow Festicultores Troupe
(Mini-MP3-Player v2.2 (c) Ute Jacobi - unregistered version - Only Free for NonCommercial Website)
Festicultores Troupe
 
Festicultores TroupeO EGFA, o Exército Gherrilleiro das Festas Armadas anda na procura de reclutas que teñan moito aguante. Só os mellores aspirantes poderán pasa-las probas e ingresar na lexión festeira. Festicultores, os rumaníacos da festa rachada,  os parrandeiros máis lexendarios da romaría dos últimos anos en Galicia, son os combatentes desta milicia tan especial. Reclutando o peor da cada casa, os festeiros máis guerreiros do país van tomar as rúas, vanse facer fortes cos seus ritmos balcánicos e van dar a batalla bailonga. Sen tregua.  Troula ou morte, ata a mañá, sempre. Os Festicultores, van dar máis guerra que nunca, veñen coas armas de festa masiva. Prepárense, a guerra da pachanga xa comezou.
Festicultores Troupe

 

Audio:

Festicultores Troupe - A Cabra Makabra
Festicultores Troupe - Feromonas Invasoras
Festicultores Troupe - Himno
 
Video:
 
Festicultores Troupe
 
 
Pulpiño Viascón

O estilo musical de Pulpiño Viascón, abarca desde a rumba, ska, punk, folc ata as rancheras, indispensable para calquer festival.

Festicultores Troupe

O EGFA, o Exército Gherrilleiro das Festas Armadas anda na procura de reclutas, os Festicultores, son os combatentes desta milicia tan especial.

Miñor Swing Band

Miñor Swing, son un cuarteto de corda que inspiran o seu estilo no jazz manouche, jazz francés dos anos 30.