Inicio arrow Artistas arrow · Música de rúa arrow Festicultores Troupe
(Mini-MP3-Player v2.2 (c) Ute Jacobi - unregistered version - Only Free for NonCommercial Website)
Festicultores Troupe
 
Festicultores TroupeTras máis dun ano de xira, co espectáculo E.G.F.A., no que ademais de percorrer as rúas e os escearios de Galicia, acompañaron a Manu Chao e Radiobemba na fin de xira europea en Baiona (Francia) e no 50 cabodano do Che Guevara en Santa Clara (Cuba). Gañaron o Premio do Público no Festival Internacional Haizetara de Amorebieta, e compartironn cartel con grupos internacionais coma Gogol Bordello, Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra, Fanfare Ciocarlia.

Festicultores comezarán o 2010 no Festival de Cine Kustendorf en Drvengrad, coma invitados do seu director, Emir Kusturica, onde presentarán un espectáculo basado no E.G.F.A. pero con moitas novidades e temas novos.

Así pois aqui está, xa preparada, a Troupe, para descargar o PODER BALCÁNICO e o seu  RITMO TRITURADOR.


  • PASARRÚAS
    Festicultores Troupe é un compañía de animación de rúa; na que a música cigana dos balcáns, fusionada con outros ritmos coma o reggae, o ska, pasodobre, a música electrónica, cumbia ou a rumba.
    Montados nun carrito amplificado, tirado por un motocultor percorren as ruas agasallando con festa e bo humor os viandantes.
  • ESCENARIO
    Pero os Festicultores tamen amosan a súa festa enriba dun esceario, a onde transportan as atmosferas ciganas e festeiras para non deixar de bailar durante máis de 90 minutos.

 Audio:

Festicultores Troupe - Festa Total
Festicultores Troupe - Tutituti
 
Video:
 
Festicultores Troupe
 
 
Pulpiño Viascón

O estilo musical de Pulpiño Viascón, abarca desde a rumba, ska, punk, folc ata as rancheras, indispensable para calquer festival.

Magnifique Band

MAGNIFIQUE BAND des hommes sans medo, é unha banda de rúa de música dixie que levantan as rúas co seu ritmo imponente. 

Guezos

A Guezos non lles importa o estilo, a sonoridade ou corrente musical, o seu obxectivo final é facer boas cancións.