(Mini-MP3-Player v2.2 (c) Ute Jacobi - unregistered version - Only Free for NonCommercial Website)
Miñor Swing
 
Miñor Swing BandMiñor Swing é un cuarteto de corda formado por contrabaixo, violoncello, e duas guitarras. Inspiran seu estilo no jazz manouche, jazz francés dos anos 30,tamén denominado gypsy swing, cuxo máximo expoñente era o célebre guitarrista belga Django Reinhardt.
 
Miñor Swing nace a finais do 2003, pola necesidade de expresar esta corrente musical casi descoñecida no noso país.  Dende seus inicios ata a actualidade non tomaron folgos, cultivando unha ambición sá e colectiva movida sempre pola música, apostando polo directo e o alma do jazz a hora de improvisar.
 
Tras unha gran aceptación do público,xa realizaron casi 100 concertos en todo tipo de eventos e escenarios. Na actualidade, cunhas metas craras e esixentes, estas xóvenes promesas ofrecen alternativas ó jazz-manouche.
 
Todo misturado con creatividade e un son propio, ledo e atrevido, unido a súa estética anos 30, fan deste grupo algo novo e innovador para o público máis esixente.
 
Antonio Feijoo "Tonichi" - Guitarra
José Veloso - Guitarra
Macarena Montesinos - Violoncello
Marcos Fernández - Contrabaixo

Miñor Swing Band

Audio:

 Miñor Swing - Dark eyes
 Miñor Swing - Dounce Ambient
 Miñor Swing - Lime house blues
 Miñor Swing - Swing Gitan
 
 
 
Miñor Swing Band
 
 
Banda Potemkin

Banda Potemkin soa a revolución, quizais a causa do nome que nos leva á Rusia de 1917 ou porque é una big-band explosiva!!.

Magnifique Band

MAGNIFIQUE BAND des hommes sans medo, é unha banda de rúa de música dixie que levantan as rúas co seu ritmo imponente. 

La Fritanga

Fritanga é unha garantía evidente que ante todo conseguiu definir o seu propio selo o través da fusión cosciente.