(Mini-MP3-Player v2.2 (c) Ute Jacobi - unregistered version - Only Free for NonCommercial Website)
Pulpiño Viascón
A Banda de Pulpiño Viascón está collendo popularidade nos seus concertos e nas súas actuacións na TVG polo seu directo festeiro e contundente. O seu estilo musical abarca dende a rumba, o ska, o punk, o folc ate as rancheras, sendo todos estes estilos primordiais para un directo cargado de música para calquer festival. No seu directo tamén se atopan sorpresas coma a interpretación de cancións co serrucho, con acordeón, coa gaita e ca súa voz chea de enerxía.
Neste ano Pulpiño Viascón e a súa banda percorrerá tódolos festivais posibles mostrando o seu explosivo directo.
Fritanga é unha garantía evidente que ante todo conseguiu definir o seu propio selo o través da fusión cosciente.
O EGFA, o Exército Gherrilleiro das Festas Armadas, é o novo espectáculo dos Festicultores Troupe e está, xa preparado para descargar o seu PODER BALCÁNICO e RITMO TRITURADOR.
Sacha na Horta é un grupo de mulleres que naceu unha noite de festa entre as hortas de Compostela.