(Mini-MP3-Player v2.2 (c) Ute Jacobi - unregistered version - Only Free for NonCommercial Website)
Festicultores Troupe
Tras máis dun ano de xira, co espectáculo E.G.F.A., no que ademais de percorrer as rúas e os escearios de Galicia, acompañaron a Manu Chao e Radiobemba na fin de xira europea en Baiona (Francia) e no 50 cabodano do Che Guevara en Santa Clara (Cuba). Gañaron o Premio do Público no Festival Internacional Haizetara de Amorebieta, e compartironn cartel con grupos internacionais coma Gogol Bordello, Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra, Fanfare Ciocarlia.
Festicultores comezarán o 2010 no Festival de Cine Kustendorf en Drvengrad, coma invitados do seu director, Emir Kusturica, onde presentarán un espectáculo basado no E.G.F.A. pero con moitas novidades e temas novos.
Así pois aqui está, xa preparada, a Troupe, para descargar o PODER BALCÁNICO e o seu RITMO TRITURADOR.
PASARRÚAS Festicultores Troupe é un compañía de animación de rúa; na que a música cigana dos balcáns, fusionada con outros ritmos coma o reggae, o ska, pasodobre, a música electrónica, cumbia ou a rumba. Montados nun carrito amplificado, tirado por un motocultor percorren as ruas agasallando con festa e bo humor os viandantes.
ESCENARIO Pero os Festicultores tamen amosan a súa festa enriba dun esceario, a onde transportan as atmosferas ciganas e festeiras para non deixar de bailar durante máis de 90 minutos.
A Guezos non lles importa o estilo, a sonoridade ou corrente musical, o seu obxectivo final é facer boas cancións.
O EGFA, o Exército Gherrilleiro das Festas Armadas, é o novo espectáculo dos Festicultores Troupe e está, xa preparado para descargar o seu PODER BALCÁNICO e RITMO TRITURADOR.
Fritanga é unha garantía evidente que ante todo conseguiu definir o seu propio selo o través da fusión cosciente.